1. LITERATURA
Tema: Literatura e interconexión cultural
O afianzamento da macroeconomía, o desenvolvemento tecnolóxico ou a concentración do poder político-administrativo en organismos de carácter supranacional contribuíron nas últimas décadas a transformar o mapa sociocultural da vella Europa, afectando de xeito especial a Alemaña, un país protagonista nos últimos cambios históricos.

A mirada crítica dos intelectuais alemáns cara ó seu pasado - incluído o máis recente -, o vigor de organizacións e movementos alternativos ós poderes establecidos ou o crecente multiculturalismo social aportaron un enfoque crítico sobre un concepto tradicional de cultura - fundamentalmente patriarcal e eurocéntrica - e as súas distintas formas de expresión artística, entre elas a literaria.

A nosa sección pretende dar cabida a todas aquelas propostas - metodolóxicas, interpretativas, historiográficas ou comparativas - que desenvolvan unha reflexión sobre o discurso literario no marco deste novo mosaico social global e diferenciado ó mesmo tempo. Para isto ofrecemos os seguintes temas orientativos:

  1. Literatura, multiculturalismo e xénero
  2. Construccións do "outro": racismo, eurocentrismo, androcentrismo y diferencia(s) social(is).
  3. A reacción da(s) identidade(es) cultural(is) y sexual(is) ós procesos de homoxeneización.
  4. Literatura y medios de comunicación.
  5. Híbridos xenéricos e procesos de mestizaxe estético-formal.

2. LINGÜÍSTICA:
Tema: Gramáticas en comparación
Para a sección lingüística agardamos contribucións que teñan como tema unha comparación entre gramáticas ou temas gramaticais. Xa que logo terían cabida tanto estudios contrastivos de gramáticas, entendidas estas coma obras de consulta, como de distintos aspectos gramaticais, escolas ou correntes lingüísticas. Nestas análises sería posible tanto unha perspectiva diacrónica coma sincrónica.

3. TRADUCCIÓN:
Tema: A traducción como transferencia cultural
No cerne da reflexión e o debate desta sección estará a cuestión da marca cultural específica nos textos e nas situacións de comunicación, do mesmo xeito que a relevancia que esta ten para a traducción e a interpretación. ¿En que compoñentes e estructuras dun texto e en que nivel da comunicación se manifesta a especificidade cultural? ¿Cales son os problemas traductolóxicos derivados dela e con que estratexias de traducción se reacciona?¿Que diferencias culturais se deixan sentir no contraste español-alemán en canto ás convencións formais, ós hábitos lingüísticos, ás especificidades textuais e a outros ámbitos? ¿Que importancia ten a competencia cultural do traductor ou traductora e como se pode adquirir e transmitir didacticamente esta?

Estas e outras cuestións serán obxecto de debate nesta sección.

4. DIDÁCTICA DO ALEMÁN:
Tema: O ensino do alemán en España: Tradicións de aprendizaxe e novos métodos de ensino
Para a sección de alemán como lingua estranxeira (DaF), esperamos recibir achegas que respondan á reflexión sobre os novos métodos de ensino, e asemade os comparen coas tradicións de aprendizaxe existentes en España. Deste xeito, a cuestión central sería: ¿Como se poden integrar na aula de forma efectiva tanto as tradicións de aprendizaxe coma os novos métodos de ensino, suavizando á vez previsibles conflictos?


Zurück Seitenanfang


  © FAGE, 2002

 

 
Seccións e temas