Tralos congresos feitos en Madrid, Cataluña e Andalucía, tócalle a quenda á periferia atlántica. Por isto, dende a Asociación Galega de Xermanistas (A.G.X) puxémonos mans á obra, tras ter recibido o respaldo da Federación de Asociaciones de Germanistas en España para organizar o IV Congreso da Fage.

Esta cuarta edición obríganos a manter o nivel dos congresos anteriores que xa se están a transformar nunha tradicional cita bienal en España. Polo tanto contaremos no só co apoio de institucións oficiais da nosa comunidade senón tamén co da Universidade de Santiago de Compostela, celebrándose este IV Congreso nas súas instalacións.

Figuras como Xulio Cesar o Alexandre von Humboldt, entre outros, visitáronos, pobos como os alamanos viviron entre nós deixando a súa pegada na nosa cultura castrexa e a Goethe adscríbeselle a sentencia de que "Europa comezou construírse no Camiño de Santiago", con esta meta celebrarase o noso congreso. Nin dicir ten que se trata dunha cita case obrigatoria.

As sesións do congreso vanse desenvolver cunha estructura similar á dos congresos anteriores, no marco de catro seccións: Literatura, Lingüística, Traducción e Ensino do Alemán como Lingua Estranxeira. O novidoso desta edición radicará na proposta dun enfoque temático para cada unha das seccións que queremos sexa entendida como unha invitación ós participantes para tratar nas súas contribucións un tema común. Coidamos que con esta proposta poderíamos proporcionar máis cohesión ó desenvolvemento das sesións dentro das seccións e, abordando un tema central en varios aspectos e dende varias perspectivas, facilitar o intercambio e a discusión de ideas.

Por último e tamén como novidade e como lóxica consecuencia das relacións asistentes ó longo da historia co noso veciño luso, teremos como país invitado a Portugal. Unha magnífica oportunidade para establecer contactos cun país tan próximo e cunha gran experiencia no eido do ensino da lingua alemana.

Agardamos poder vervos na capital de Galicia. ¡¡¡Deica setembro!!!


Zurück Seitenanfang


  © FAGE, 2002

 

 
Primeira circular