COMO XEGAR (Clic sobre cada imagen):

Por tratarse da capital de Galicia, Santiago de Compostela ofrece diversas posibilidades para achegarse a ela: aeroporto internacional, estación de camiños de ferro e estación de autobuses.

AVIÓN: o Aeroporto de Labacolla (10 Km da cidade) opera con compañías nacionais e internacionais e atópase conectado co centro por medio de autobús e taxi. Máis información en

http://www.aena.es/vuelos/aena.html

TREN: Con destinos nacionais e internacionais. Situado a 10 minutos a pe dende o centro da cidade. Máis información en

http://www.renfe.es

AUTOBÚS: A estación de autobuses atópase tamén a 15 minutos do centro.

Xa que Santiago de Compostela é un destino turístico moi escollido por persoas de moi diversos lugares, recomendamos que fagades unha reserva de aloxamento o antes posible para poder conseguir prezos asequibles. No link "Aloxamento" poderedes consultar un listado de hoteis cos que tramitamos descontos para os asistentes ó congreso. Lembramosvos que Santiago é unha cidade pequena onde non hai distancias. Calquera aloxamento que estea situado no centro permite desprazarse camiñando a toda a cidade. A sede do congreso está emprazada no Campus Norte da USC (Facultade de Filoloxía), que dista da zona monumental a aprox. 10-15 min. a pe.

Índice